Oligoclasio

Oligoclasio
Fórmula química(Ca,Na)Al(Al,Si)Si2O8
ClaseSilicato
Sistema cristalinoTriclínico, pinacoidal
CorIncolora a branca-gris, castaña, verdosa ou amarelada
BrilloVítreo
Dureza6 - 6,5 (escala de Mohs)
FracturaEn chanzos, ás veces concoidal
RaiaBranca
Densidade2,66 g/cm3

O oligoclasio[1] é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro destes pertence aos feldespatos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de sodio e calcio, con moito máis sodio (79-90%) que calcio (10-30%). Presenta un aspecto de cristais ben formados brancos, frecuentemente en macla.

É un membro intermedio da serie de solución sólida dos plaxioclasios, sendo os extremos a albita (plaxioclasio de sodio) e a anortita (plaxioclasio de calcio). Por esta razón, ás veces é considerado como unha variedade da albita.

O nome procede do grego oligos e clasis, que significa "pequenas roturas". Sinónimos moi pouco usados son amansita, amantita, amausita ou oligoclasita.

  1. Diáclases, plaxioclasios e outros cultismos con -klastós Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 58

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy